Seguridade

As conexións que se establecen a través dunha rede inalámbrica, así como a través de Internet, poden ser interceptadas, podendo difundir datos confidenciais e contrasinais, polo que se recomenda o uso de páxinas seguras (https) para o envio de datos sensibles ou de interese, como contrasinais de correo electrónico, datos bancarios, etc...

Debemos ter en conta que para poder acceder a páxinas seguras (https) pode ser necesario configurar o proxy ó que accederá o teu navegador.