Wireless Municipal

Benvidos ó proxecto do servizo Wireless Municipal.

O obxetivo deste proxecto é facilitar o acceso dos cidadáns ás novas tecnoloxías da información e da comunicación na nosa cidade, poñendo a súa disposición zonas de acceso sen fíos (wireless) en diferentes partes da cidade.

Tras unha fase inicial cunha superficie de acceso estable na biblioteca Sagrada Familia, hai outra zona no Fórum Metropolitano do Parque Europa. Máis tarde xúntanse a Biblioteca de Monte Alto, a Biblioteca de Estudios Locales en Durán Loriga, a biblioteca e o centro cívico de Castrillón, centro cívico de Monelos, e a Biblioteca e centro cívico de Los Rosales. Nestas zonas calquer cidadán que se achegue cun portátil ou calquera dispositivo wireless pode acceder a internet de forma fácil e gratuita.

Este servizo préstase a través dun proxy, polo que é posible que haxa que configurar o seu navegador. Permítese acceder sólo ós servicios web de internet (http, https) , non estando permitido acceder a outros servizos como correo pop, smtp, news, etc..., podendo acceder a servizos de correo web como o que provee o propio concello dende a súa páxina web.

Recomendámoslles que lean a sección sobre seguridade.

Centros Municipais con Wifi na Coruña

Ver Centros Municipais de Coruña con WiFi en Google Maps.

Ver unha lista dos Centros.